Mércores. 13.11.2019
El tiempo

Apróbase por unanimidade a rebaixa do IBI na zona rústica de Zas

Imaxe do Pleno de setembro 2019 no Concello de Zas
Imaxe do Pleno de setembro 2019 no Concello de Zas
Apróbase por unanimidade a rebaixa do IBI na zona rústica de Zas

A corporación municipal de Zas aprobou esta mañá por unanimidade a rebaixa do Imposto sobre Bens Inmobles - IBI - na zona rústica. A medida, proposta polo grupo de goberno, contempla a redución dos coeficientes que se aplican sobre o valor catastral dos bens situados en zona rústica para igualar os tipos aos do IBI urbano. Desta forma, a partir do 1 de xaneiro de 2020 o gravame que se lle aplica aos máis de 180 inmobles que se atopan nas diferentes zonas rústicas do Concello de Zas reducirase ata o 0,4% en lugar do 0,65% que se aplicaba até o de agora.

“É a primeira vez que no Concello de Zas se adopta unha medida deste tipo”, sinalou Manuel Muíño, Alcalde de Zas, ao remate do pleno extraordinario celebrado esta mañá no que a única orde do día era esta moción presentada polo BNG de Zas. A ordenanza reguladora do Imposto sobre Bens Inmobles do Concello de Zas non se modificara dende o ano 2004.

Comentarios