Zas asumirá a ampliación da Escola Infantil da Xunta para cubrir as necesidades que do babyboom de Baio
En todas as televisións estatais aparecera o babyboom de Baio do pasado 2021. 11 embarazos que provocaban un terremoto mediático e que invitaban ás administracións a tomar medidas.
Neste caso, a máis directa xa ten consecuencias: A escoliña da Galiña Azul non ten espazo suficiente como comprobamos trala publicación das listas definitivas.
13 familias quedaron sen praza para a idade de 0 a 2 anos (coicidencia directa cos nacementos do pasado ano), o que supón un claro problema para a conciliación, e volve demostrar que a política esquece a realidade despois de avanzar as promesas.
Se ben algunhas familias están intentando derivar as crianzas a outras escoliñas municipais como as de Vimianzo ou Santa Comba, é certo que estas xa teñen lista de espera.
Por iso, fai un chamamento o alcalde de Zas, Lolo Muíño, que esta fin de semana terá unha xuntanza con as familias baiesas que se atopan nesta situación, explicándolle que por agora non se poden ampliar as prazas ofertadas durante o prazo de inscrición actual, pero que se abrirá un novo prazo cando rematen as obras.
”Que quede claro que esta carencia é unha responsabilidade unicamente da Xunta”, apunta Muñiño antes de nada. “É unha situación que se repite en todas Galicia, e hai unha única responsable, pero en calquera caso, xa avanzamos que imos facer cos nosos cartos unha ampliación da Escola de Infantil de Zas, que cambia de categoría a Escola “de cidade””, explica, sinalando que a Xunta lle trasladou que vai haber unha ampliación de 10 prazas, pero que cre que pode ser algunha máis.
O Concello investirá uns 100.000€ de fondos propios para mellorar unha infraestrurura autonómica. As obras desenvolveranse durante o mes de agosto, porque a escoliña ten que estar pechada, e esperan que estea lista para comezo do vindeiro curso.
”Non se fixo antes porque tivemos que buscar a solución que fose satisfactoria para a Xunta, que deu a aprobación fai nada, e agora imos sacar a licitación para facer a obra en agosto”, explica.