Venres. 11.10.2024
El tiempo

O #BabyBooom de Baio traspasa fronteiras e obriga as administracións a mellorar os servizos

  • O #Babyboom de Baio provoca unha necesidade da mellora das infraestruras de Zas
Babyboom Baio-Foto-Cadena ser
3 das nais do babyboom de Baio que falaron coa Cadena Ser
O #BabyBooom de Baio traspasa fronteiras e obriga as administracións a mellorar os servizos

A tendencia demográfica á deriva da Costa da Morte é difícil rompela. Un decrecemento vexetativo claro e un envellecemento crónica da poboacón, reflexado perfectamente nas gráficas.

Pero hai exemplos que chaman á esperanza, como é o caso singular de Baio. Arredor da estrada AC.550, son 11 mulleres as que están embarazadas aínda a día de hoxe, con outras 3-4 que acaban de parir nas últimas semanas. Son mulleres de entre 25 e 40 anos (cunha media de 34 anos) entre as que hai moitas familias primerizas e algunha que xa vai pola segunda crianza.

Un boom de natalidade nesta pequena vila de menos de 1.000 habitantes e unha media de idade de máis de 50 anos, que rompe todos os rexistros e que provoca que haia que repensar as infraestruturas e servizos.

O propio alcalde, Lolo Muíño, recoñece que de estrear o tanatorio hai apenas un mes (tras moitos anos de retrasos), toca pensar na necesidade de ampliar a Escoliña de Zas, e as súas prazas. Ou abrir unha nova en Baio, como xa piden as familias.

Outra das demandas máis importantes é en materia sanitaria, sobre todo arredor do servizo de pediatría. Un servizo tremendamente precario, compartido con outros concellos, que obriga ás familias a facer grandes esforzos para acodir ao pediatra. Centos de familias da zona levan loitando pola súa mellora, como o fixo, ata as pasadas eleccións autonómicas a Plataforma Zas Sen Recortes en Pediatría. Foron moitas as familias que se organizaron durante os últimos anos para intentar aumentar o precario servizo público sanitario, realizando mesmo manifestacións e levando as demandas ata o Parlamento Galego para non ter que facer 30 ou 40 km para levar ás súas criaturas ao pediatra, ou ter que esperar varios días a que haia no seu centro de saúde.
Unha demandas que xa conseguiron mellorar, lixeiramente, o servizo. De ter 2 días apenas 3 horas de pediatra entre o Centro de Saúde de Zas e o Consultorio de Baio, agora as familias de Zas contan con atención profesional os 5 días da semana (3 en Zas e 2 en Baio) de 9:00h a 13:00h, un horario que aínda se pode aumentar debido á demanda.

Repercusión estatal

A raíz dunha reportaxe no Yes, a nova estase estendendo polo estado. A cadena Antena 3 realizaba unha retransmisión.

Días despois Valentina Rojo e Bru Rovira realizaron unha completísima reportaxe para o programa A Vivir, da Cadena Ser, o matinal de fin de semana máis escoitado do estado, no que falaron con varias das nais e co alcalde Lolo Muíño.

Así mesmo, a páxina de referencia para familias Bebesymás tamén se fixo eco da nova.

Veremos se unhas chaman ás outras e provoque que hai un crecemento maior e haia unha boa comunidade de rapazada que creza na vila, pois de primeiras, a intención das familias é quedar na vila, e criar ás súas criaturas neste entorno rural no que todas elas se criaron.

 

Novas relacionadas

Outras reportaxes singulares

Comentarios