Xoves. 02.05.2024
El tiempo

O Concello de Zas envía dous exemplares do libro “Antoloxía Poética” de Labarta Pose aos Institutos da comarca

envio-antoloxia-poetica-labarta-pose
O Concello de Zas envía dous exemplares do libro “Antoloxía Poética” de Labarta Pose aos Institutos da comarca

Segue o Concello de Zas espallando a obra de Enrique Labarta Pose e loitando para que sexa recoñecido como o homenaxeado polo Día das Letras Galegas. Así, durante os próximos días os diferentes centros de Educación Secundaria de toda a Costa da Morte e arredores recibirán dous exemplares do libro “Antoloxía Poética” de Enrique Labarta Pose, publicado recentemente pola Editorial Galaxia en colaboración co Concello de Zas baixo a edición de Xosé Manuel Varela Varela e Xosé María Rei Lema.

A “Antoloxía Poética” recolle 40 dos poemas máis relevantes de Enrique Labarta Pose nos que se tratan temas tan actuais como a defensa do feminismo, do galego ou dos animais. O libro tamén está a venda nas principais librarías por 19,50€.

Máis novas

Comentarios