Xoves. 02.05.2024
El tiempo

Estreada a web sobre Enrique Labarta Pose

presentacion-paxina-web-enrique-labarta-pose-2
Estreada a web sobre Enrique Labarta Pose

Continúa o Concello de Zas ofrecendo argumentos para que a Real Academia Galega adique o Día das Letras Galegas ao autor zaseiro Enrique Labarta Pose. Este sábado o Concello estreaba a web enriquelabartapose.concellodezas.org (accesible tamén dende a web municipal), dende onde podemos acceder a calquera hora do día a toda información relativa á vida e obra dun dos veciños máis ilustres do noso municipio. “Ademais de poñer a disposición de toda a cidadanía a información relativa a Labarta, esta web supón un chanzo máis nas accións que está a levar a cabo o Concello de Zas xunto coa Comisión Labarta Pose para que Labarta teña o seu propio día das Letras Galegas”, indicou o Alcalde de Zas, Manuel Muíño, durante a presentación da páxina web que tivo lugar onte á tarde no Centro Sociocultural de Baio.

Trátase dunha web cun coidado deseño, adaptable aos diferentes dispositivos, accesible e cunha estructura cómoda e intuitiva na que o/a usuario/ pode consultar información sobre a súa vida, as súas publicacións periodísticas e literarias, os seus premios, as súas pegadas, o roterio literario incluído no proxecto Roteiros da Cultural Galega do Consello da Cultura Galega e consultar a exposición itinerante sobre Labarta e que actualmente está no Centro Sociocultural de Baio. Ademais, a web dispón dunha apartado de “novas” no que están publicadas diferentes novas sobre relacionadas con Labarta e unha liña temporal.

“É unha web viva e actualizada”, sinalou Tania Carreira, Técnica de Cultura do Concello de Zas e creadora do portal que se encargou, durante a presentación, de especificar os diferentes apartados que compoñen a páxina.

Durante o acto de presentación da web sobre Labarta interviu tamén Jorge Mira Pérez, en calidade de portavoz da Comisión Enrique Labarta Pose, quen destacou o importante traballo que se está a facer dende o Concello de Zas sobre a difusión da figura de Labarta. “Enrique
Labarta Pose estivo sempre moi presente na súa vila natal e ségueo estando. Con esta web a súa vida e obra ten unha maior proxección xa que está dispoñible para todo o mundo”, destacou. Ademais adiantou que nos próximos meses intensificarase a “presión” ante a Real Academia Galega co fin de que lle dea a súa merecida homenaxe ao escritor baiés e teña o seu propio día das Letras Galegas.

Comentarios