Galaxia editará a antoloxía de Labarta Pose, outro paso para que a RAG lle adique, “dunha vez”, o Día das Letras Galegas

Esta mañá, o Concello de Zas e a Editorial Galaxia, despois de moitos meses de conversas, asinaban un para a publicación da antoloxía de Enrique Labarta Pose. “Trátase dn paso máis dentro do programa de accións para conseguir que a Real Academia Galega lle adique o Día das Letras Galegas ao noso autor. Xa vai sendo hora”, sinala o alcalde Lolo Muíño, que hoxe non puido asistir á sinatura por un evento coa subdelegada do goberno.
A idea saíu dunhas xornadas que houbo en Baio en outubro de 2022, onde se apuntaba esta posibilidade pois “non existía aínda unha antoloxía con todas as súas obras”. “E este vai ser un paso importante” porque demostra a calidade do prolífico autor zaseiro. “Asinar cunha editorial tan importante, é un feito que demostra que é un proxecto potente”, recoñece Muíño.
O libro foi coordinado polo filólogo cerquedán Xosé Manuel Varela Varela, que fixo unha tese sobre Labarta Pose, e o baiés Chema Rei. Os dous asinan o limiar, de feito.
O acordo implica que Galaxia vai lanzar 700 libros, e o Concello ten comproetida unha adquisición de 200 do Concello para ter como regalo institucional.
O libro xa está coas últimas revisións, polo que contan que estará na rúa, e nas librarías, antes de fin de ano.
Novas relacionadas
- Xuño 23: Baio pon en valor o legado da familia Romero Lema no marco do Centenario do Seminario de Estudos Galegos.
- Outubro 22: Zas devolve a Labarta Pose ao seu sitio na historia
- A RAG coñece de preto a Labarta Pose
- Enrique Labarta Pose xa ten o seu folleto informativo
- 21 espazos da Costa da Morte forman o Roteiro Literario de Enrique Labarta Pose.
- Zas estrea a exposición permanente de Labarta Pose