Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Coñecendo Zas á luz das estrelas

Coñecendo Zas á luz das estrelas

O día 21 e 22 de xullo terá lugar o roteiro nocturno polo termo municipal de Zas, organizado pola Asociación Ambiental Senda Nova. Un roteiro que incluirá unha fermosa noite na capela de San Roque do Monte, tras partir da parroquia de Gandara.

O percorrido total pasa lixeiramente dos 10 qm e medio e pasará polo alto de Pico de Meda de máis de 600 m. de altura.

Unha gran ocasión para coñecer, coa luz do sol e das estrelas, os montes da comarca de Soneira.

Inscricións

Os interesados poden informarse no mail [email protected] e nos tf 696 155 232. É necesario ter saco de durmir, mochila para levalo ( ademáis de material persoal), lanterna, impermeable. A Asociación dispón de tentas e esterillas nun número limitado.

A dita actividade poderase apuntar aquela xente que o desexe os mércores, xoves e venres de 18 a 20h no 2º andar do Pazo da Cultura de Carballo ou chamando ao 981 704 300.

O prezo será de 6€ para todo o mundo e incluirá o transporte dende Carballo a saída do roteiro e dende a meta a Carballo. Tamén inclúe o bocadillo da cea e o almorzo.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios