A ESMU Pepe Valiña de Baio recupera hoxe mércores o seu Festival de fin de curso

10:47 29/06/22
Despois de dous anos por mor da pandemia a ESMU Pepe Valiña de Baio-Zas celebrará este mércores 29 de xuño ás 19:00 horas o seu tradicional Festival de fin de curso no Auditorio de Baio.
Serán 24 os pianistas que nos deleitarán cun variado repertorio (que vai en arquivo adxunto) que prepararon baixo a tutela da profesora Tatiana Pankrátova.
Dende a nosa asociación queren dar as grazas ao Concello de Zas e á Deputación de A Coruña pola súa colaboura coa nosa Escola de Música e coas dúas corais que retomarán os ensaios a partires de setembro.