COVID: Zas únese aos concellos que teñen Nivel de Alerta 1
16:17 16/10/20
O Concello de Zas súmase á lista de Concellos da Costa da Morte que están en nivel de Alerta 1 (entre 7 e 14 casos activos) xunto con Coristanco, Malpica e Muros.
Pola súa parte, Carballo volve ao nivel de alerta 2 (entre 14 e 21 casos activos), no que tamén está o Concello da Laracha.
NOVAS RELACIONADAS
- 14-10-2020: COVID: Malpica e Coristanco ascenden ao nivel 1 de alerta
- 13-10-2020: A Laracha, Carballo e Muros, os únicos concellos da comarca que seguen afectados polo Covid.
- 16-09-20: Os Concellos de Carballo, Laracha, Laxe e Ponteceso quedan libres de restricións covid.