Venres. 19.04.2024
El tiempo

Detida unha parella de falsos comerciais por un roubo con violencia en Zas

Detida unha parella de falsos comerciais por un roubo con violencia en Zas

Corría mediados de decembro, cando unha parella visitara varias vivendas de Zas facéndose pasar por comerciais dunha compañía eléctrica. Nunha das vivendas, aproveitando que a persoa era de avanzada idade e cunha discapacidade física e psíquica superior ao 90%, os comerciais dedicouse a entreter ao home mentres o outro rexistraba a vivenda en busca de cartos e obxectos de valor.

Cos estafadores aínda dentro da vivenda, chegou un fillo do estafado, atopándose aos ladróns na pranta superior, que ás chamadas da filla reaccionaron de forma violenta, golpeándoo para fuxir co botín, cun valor duns 1000€, obrigando ademais ao fillo da vítima a acodir ao centro médico polas lesións sufridas.

A Garda Civil do posto de Vimianzo púxose a investigar, e as descricións, incluído o vehículo no que fuxiron, coincidían cunha parella, naturais de Bertamiráns, que xa coñecía a Benemérita, por varios delitos semellantes desenvoltos en 2017. A parella foi detida e posta a disposición xudicial, e a Garda Civil mantén as investigacións abertas por se as autoridades locais coñecen outras posibles vítimas.

Comentarios