Sábado. 27.04.2024
El tiempo

A ESMU Pepe Valiña de Baio despediu o curso co tradicional concerto

esmu pepe valina de baio 2022
A ESMU Pepe Valiña de Baio despediu o curso co tradicional concerto

O pasado mércores a Escola de Música Pepe Valiña de Baio celebrou o seu tradicional Festival de fin de curso onde participaron 23 pianistas que estudan baixo a tutela da profesora Tatiana Pankrátova.

Puideron escoitarse obras de intérpretes moi variados, desde Elvis Presley a Chopin, pasando por Verdi, Mozart, Bach, Tchaikowsky, Schumann, Beethoven ou Rachmaninov entre outros.

Aquí queda un vídeo de Uxía Caamaño Rey de 7 anos de idade, tocando coa mestra:

Vindeiro curso

En setembro a escola abrirá a matrícula para o curso 22-23 onde se ofertarán as materias de piano, linguaxe musical e Coro Xoven.

Comentarios