Martes. 16.04.2024
El tiempo

Fidel Otero: "A Festa da Carballeira é algo que levamos dentro"

Fidel Otero: "A Festa da Carballeira é algo que levamos dentro"
Fidel Otero e o portavoz da comision organizadora da Festa da Carballeria de Zas Fidel Otero é o portavoz da comisión organizadora da Festa da Carballeira de Zas Coa Semana Cultural a todo gas, Zas prepárase para vivir os seus días grandes coa 33ª edición da Festa da Carballeira; un dos festivais de referencia da Costa da Morte. A asociación Castro Meda e o concello de Zas lanzan unha variada e apetecible oferta de actividades para este venres e sábado con actuacións musicais de primeiro nivel, unha meixilloada gratis, zona de xogos infantís, foliada,... e todo aderezado cun ambiente excepcional nunha contorna máxica: a carballeira de Velar. Fidel Otero forma parte da comisión organizadora da festa.
  • QPC: A 33ª edición da Festa da Carballeira de Zas chega con moitas novidades. A primeira é que o festival dura dous días. A que se debe este cambio?
Nos últimos anos, a Semana Cultural organizada polo concello de Zas xa incluía un concerto no día previo á Festa da Carballeira. Ainda que se celebraba nun espazo distinto, tiña moi boa acollida. Polo que este ano decidimos facer os concertos na propia carballeira e apostar por grupos como Mägo de Oz, Ruxe Ruxe, Banda Crebinsky e O Ghusto do Boi. festa da carballeira de zas
  • QPC: Musicalmente falando, cales son os pratos fortes da Carballeira deste ano?
Como xa comentamos, o venres a partir das nove da noite comezarán os concertos na carballeira de Velar. O Gustho do Boi, Banda Crebinsky, Mägo de Oz e Ruxe Ruxe serán os encargados da parte musical do venres. Xa o sábado, a iso das nove da noite, abrirán o festival os vigueses Pelepau con moito ritmo e seguiralle Luar na Lubre. Despois chega Steve`n Seagulls cos seus instrumentos tan peculiares e continuarán Skerryvore. Andrés Penabad será o encargado de pechar a 33ª edición da Festa da Carballeira.
  • QPC: Como se seleccionan os grupos?
Hai grupos, como Luar na Lubre, que xa se ofreceron a tocar na Carballeira despois das dificultades co son que tiveron o ano pasado. Os demais seleccionaronse entre a comisión organizadora.  Si, un festival deste tipo ten que apostar polo respecto ambiental. Con esta iniciativa pretendemos reducir a gran cantidade de residuos que se xeran nunha festa deste tipo. Ainda que sabemos que pode ter as súas complicacións implantalo. O funcionamento é moi sinxelo; mercas o teu vaso persoalizado por 1€ e ao final da noite podes devolvelo, sempre e cando estea en perfectas condicións, e aboarase de novo o importe. Tamén se pode levar xa que é un artigo máis de merchandising.
  • QPC: O sábado - o día forte do festival - a festa xa comeza ao mediodía cunha sesión vermú. Con que se vai atopar o público?
A Festa da Carballeira naceu como unha festa familiar polo que, en boa medida, queremos recuperar esa esencia. Por este motivo decidimos facer una sesión vermú cunha mexilloada gratuita dende as 14 horas e que estará amenizada pola orquesta Os Modernos. A nosa idea é que todos os veciños e veciñas do concello e da contorna, independentemente da súa idade, teñan o seu propio espazo dentro da Festa da Carballeira. 
  • QPC: Ésta tamén vai ser unha Festa da Carballeira para os máis pequenos?
Claro! O sábado pola tarde terán actividades específicas para eles na propia carballeira. Inchables, animación musical, xogos,... e todo de balde. A partir das 17:30 horas actuará Cé Orquesta Pantasma que ofrecerá un espectáculo especial para os nenos e nenas.
  • QPC: E antes dos concertos, foliada.
Sí, a partir das 18 horas comeza a foliada. Hai grupos de Vimianzo, Mazaricos, Laxe, Corcubión, Noia, Muros, Porto do Son, e de Zas. Esperamos repetir o éxito do ano pasado que case que houbo que parar a foliada para que poidesen comezar os concertos.
  • QPC: Tamén por segundo ano haberá unha feira de artesanía. Que artesáns veñen?
O sábado a partir das 12 horas abre a feira de artesanía e o mercado ecolóxico con postos de todo tipo: coiro, velas, madeira,... O que queremos é aproveitar un espazo como o da Festa da Carballeira para poñer en valor o feito a man e o producto local.
  • QPC: E como un bo festival que é tampouco falta unha boa zona de acampada. Hai algunha novidade ao respecto?
Haberá novas zonas de acampadas - situadas no centro de Zas - e como sempre será gratuita. Como novidade, todos os que acampen deben de ter a súa entrada da Carballeira. Desta forma queremos evitar que se fagan festas paralelas na zona de acampada que xa vimos que están anunciadas nas redes sociais. 
  • QPC: Como un repite na tolemia de organizar un festival destas características?
(Risas) Iso mesmo me pregunto eu. A Festa da Carballeira é algo que levamos dentro, é algo moi noso. Hai un grupo de xente que estamos sempre para colaborar coa organización. 
  • QPC: Implica moito esforzo organizala? Levades moitos meses traballando nela?
Sí, son meses de moito traballo. O día despois de que remata a festa xa se comeza a organizar a do próximo ano. Ainda que iso sí, a maior parte do traballo concéntrase nos quince días previos ao festival.  O centro sociocultural de Zas acolle durante esta semana unha exposicion da Festa da Carballeira O centro sociocultural de Zas acolle durante esta semana unha exposición da Festa da Carballeira
  • QPC: Levades xa 33 anos organizando a Festa da Carballeira. Cal é o verdadeiro sentido de facer un festival destas características tendo en conta as dificultades polas que pasou nos últimos anos?
Na edición do ano pasado conseguiuse recuperar o déficit do 2014, un ano no que a choiva nos xogou unha mala pasada. Pero como dixemos, a Festa da Carballeira levámola dentro así que poñémoslle sempre os nosos maiores esforzos para sacala adiante.
  • QPC: Como fóchedes capaces de salvar os escollos económicos das anteriores edicións?
A Carballeira é un festival moi humilde sen grandes subvencións. Así que os escollos económicos salváronse grazas á axuda do concello de Zas e por suposto dos patrocinadores, tanto de grandes marcas como os comercios locais. As grandes marcas axúdannos principalmente coa difusión do evento que xa é unha parte moi importante. Tampouco sería posible sen a colaboración dos comercios locais, como construccións Ponciano Nieto, pizzeria Tivoli, albergue Bela Muxía, madeiras Muíño Ramos, construccións Cernadas, cosntruccións Damaso Ferreiro e fillos e construccións Lires Cons.
  • QPC: Como foi a transición da nova directiva?
Complicada. A nova directiva entrou no mes de maio, a poucos meses da Festa da Carballeira e tiveron que asumir decisións que xa estaban tomadas pola anterior. De aí naceu a comisión organizadora formada por xente que sempre estivemos na organización do festival, xente do concello e xente de Castro Meda.   

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios