Mércores. 09.10.2024
El tiempo

O GDR trata de afianzar a marca Terra Atlántica

Xornada GDR Terra Atlantica
Á xornada contou coa presenza do Deputado provincial da Coruña, Xosé L. Penas, coa Xunta Directiva do GDR e outros responsables políticos e técnicos de Concellos. Ademáis da asistencia das empresas adheridas á marca Terra Atlántica
O GDR trata de afianzar a marca Terra Atlántica

Este pasado luns 23 de outubro, o GDR Costa da Morte, celebrou a última xornada da tempada no Centro Sociocultural de Baio. Un evento arredor da marca "Terra Atlántica", facendoun percorrido polos 5 anos da súa existencia. 6 anos traballando pola posta en valor da riqueza patromonial, cultural, empresarial e gastronómica da Costa da Morte.

A presentación nesta sesión calificada como "Terra Atlántica Creativa: experiencias Costa da Morte" fixo máis fincapé nas actividades de Terra Atlántica Creativa que se realizaron
durante o ano 2023.

A elaboración de micro vídeos amosando o que é a Costa da Morte a través dos seus recursos, produtos e servizos, que axudaron a crear unha identidade de territorio e poñer en valor as empresas do territorio. Uns vídeos enfocados á artesanía, o patrimonio, a natureza, o sector industrial, a gastronomía, o agro...
Tamén se repasou o Taller Gastronómico Saboreando Terratlantica (shwocooking), que tivo lugar no marco do programa Festiletras promovido pola Fundación Eduardo Pondal de Ponteceso.

Finalmente, a Xornada contou coa participación activa de Lucía Calvo da Despensa D´lujo (unha das empresas adheridas á marca) e tamén coa intervención de Xosé L. Penas, Deputado Provincial da Coruña, Área de Contratacion e Patrimonio, que presentou as iniciativas de promoción e dinamización socioeconómica do territorio e mostrou o seu apoio a Marca de Territorio, que axuda a crear identidade do territorio e unha ferramenta para coñecer máis os seus produtos e servizos. 
“A Costa da Morte é patrimonio, cultura, investigación, emprendemento, empresa, historia... É sobre todo unha marca de calidade e talento, na que se mestura a tradición milenaria coa ciencia e a innovación” sinalou o deputado de Patrimonio, Xosé Penas, durante a súa intervención. “A súa marca e identidade deben irradiar todas as actividades que complementan a oferta global do territorio”, engadía Penas. Por iso, “dende a Deputación promovemos múltiples proxectos na comarca, pensados dende a nosa identidade e cun sentido transversal de retorno ao territorio”.

Repaso da traxectoria da marca

 

Comentarios