Sábado. 27.04.2024
El tiempo

O alumnado do IES de Baio aprende as novas masculinidades

David Kaplún Medina no IES baiés
O alumnado do IES de Baio aprende as novas masculinidades

O IES de Baio aínda tiña unha ciyta pendente arredor do programa polo 25N. Foi o pasado venres, coa visita, a través da Asociación Visibles, de David Kaplún Medina. Oantropólogo, formador e investigador en Xénero, Violencia e Diversidade  impartiu a semana pasada dous obradoiros no noso Centro: Non me contes películas que se desenvolveu co alumnado de 4º de ESO e Masculinidades e Igualdade dirixido ao alumnado de 1º e 2º de FPB, e 1º de Bacharelato.

En ambos o relator estableceu un espazo para a interacción cos e coas participantes nas que se formulaban cuestións, dúbidas e reflexións para que sexan capaces de asumir filtros críticos que lles permitan distinguir os elementos masculinidade que se nos inculcan dende pequenos. K

aplún explicou a importancia de tomar conciencia da necesidade dunha maneira de educar e ensinar a nenos e nenas sen incidir en roles diferenciados e marcados por prexuízos e ideas estereotipadas dos sexos (bonecas, moda, maquillaxe...: nenas; fútbol, play, coches....: nenos.) nas que se fortalecen a competitividade, a represión emocional e a dominación nos rapaces. Polo contrario, as rapazas sociabilízanse na submisión (boas nais, boas amantes, coidadoras...), na empatía, na importancia do aspecto e na inseguridade.

David Kaplun no IES de Baio

Na segunda parte da súa intervención centrouse na sexualidade de hoxe en día, influída por condutas que se esperan de cada xénero; unha educación sexual falta do afecto e aprendida a través do porno fundamentalmente, o que leva a unha naturalización da violencia, tamén neste ámbito.

Comentarios