"Usar a IA para motivar a rapazada e achegala con fins educativos é algo moi novedoso"
- O IES de Baio tamén leva premio no festival OUFF poñendo música á Rosalía e Manuel María a través da IA
Segue arrasando o IES Maximino Romero de Lema en materia audiovisual, aproveitando a innovación que aporta o uso da Intelixencia Artificial no ensino. Un novo traballo realizado no centro acadou o 3°premio do festival internacional OUFF Escola do Concello de Ourense na categoría de secundaria.
O traballo A maxia da poesía nunha canción foi un dos 3 premiados de entre os 100 traballos presentados por centros
educativos galegos.
Este traballo, realizado polo alumnado de 4°da ESO do curso 2023-2024 coordinados por Fina Paulos Lareo e Óscar Manuel Rey Calo, pon música a dous poemas clásicos da literatura galega, facendo uso da IA. Un dos poemas é "Galicia" de Manuel María e o outro é "Cando a luniña aparece" de Rosalía de Castro.
"É un luxo traballar con esta tecnoloxía porque motiva moito a rapazada", sinala un Rey Calo que quere destacar o "enorme valor" que está a conseguir este traballo, "rompendo estereotipos e ofrecendo un xeito moi positivo de achegar á mocidade á poesía, á defensa da lingua"...
A Rey Calo, a reacción da comunidade educativa a esta creación musical a través da IA, e sobre todo o uso da IA na ensinanza con proxectos coma este, como cando un incomprendido Marty Macfly viaxa do 1985 ao 1955 coa súa guitarra eléctrica en "Regreso al futuro".
Con todo, o mestre deixa claro "non somos técnicos audiovisuais nin cineastas, só queremos aproveitar estas posibilidades que ofrece a tecnoloxía para motivar ao alumnado e achegalo a valores positivos".
O vídeo tamén está presentado a outros certames, polo seu valor didáctico polo que seguro que caen novos premios.