Mércores. 23.10.2024
El tiempo

O IES de Baio culmina un ano máxico co Premio INNOVAGAL á súa traxectoria de compromiso coa innovación educativa

Premio Innovagal ao IES e Baio
O IES de Baio culmina un ano máxico co Premio INNOVAGAL á súa traxectoria de compromiso coa innovación educativa

Incrible o curso do IES Maximino Romero de Lema de Baio. O centro zaseiro leva unha marea de premios polo seu talento e creatividade, que se completaron onte coa recepción dun dos premios INNOVAGAL de Innovación Educativa. A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional outorgou o segundo premio ao centro pola súa traxectoria de compromiso coa innovación educativa.

Este premio é un recoñecemento ao importante labor que se desenvolve neste Centro desde hai moitos anos e en ámbitos moi variados, como a igualdade, a lingua, a literatura, o medio ambiente, a música e as artes escénicas, o consumo responsable, a informática, a ciencia e a tecnoloxía, ... recibindo recoñecementos e premios tanto a nivel galego como a nivel nacional.

"Neste labor colaborou e participou toda a Comunidade Educativa: alumnado, profesorado, persoal non docente, familias, ANPA, Concello de Zas e moitas outras entidades, asociacións e persoas que a título individual e de maneira desinteresada estiveron e están implicadas nun
proxecto educativo multidisciplinar e enriquecedor que fixo e fai deste Centro un referente e ao que todos e todas estamos orgullosos de pertencer", destacan dende a dirección do centro, compartindo o premio con toda a comunidade.

Máis novas do IES de Baio

Comentarios