Venres. 29.03.2024
El tiempo

O IES Maximino Romero de Lema sumérxese en Mauthausen coas imaxes do “fotógrafo do horror

EXPOSICIÓN BOIX no IES de Baio
O IES Maximino Romero de Lema sumérxese en Mauthausen coas imaxes do “fotógrafo do horror

Moito estamos recuperando este 2020 a memoria arredor do que aconteceu en Mauthausen. Dumbría e Malpica xa realizaron as súas homenaxes a veciños finados no campo de concentración nazis, presentando ademais un par de libros en clave local.

E tamén os centros de ensino queren afondar no asunto. Entre o 23 de setembro e o 10 de outubro de 2020 o IES Maximino Romero de Lema contará coa exposición “O fotógrafo de horror. A historia de Francisco Boix e as fotografías roubadas ás SS de Mauthausen”. Coa idea de que “unha sociedade só pode avanzar se entende o pasado para non repetir os erros”, a nova dirección do centro baiés considera que “nada mellor que coñecer de primeira man o traballo de Boix para, a través de actividades didácticas e pedagóxicas, afondar no que significaron tanto a segunda guerra mundial como a “Solución Final” que supuxo o asasinato masivo de millóns de persoas por seren, simplemente, diferentes”.

Francisco Boix con apenas dezaseis anos, fuxiu do avance das tropas fascistas nas Guerra Civil Española para rematar internado no campo de exterminio de Mauthausen en 1941. Aproveitando o seu oficio de fotógrafo, Boix foi acumulando numerosas fotos das atrocidades cometidas polos nazis así como os rostros dos executores, o que serviría como proba durante os xuízos posteriores á liberación dos campos.

Novas relacionadas

Comentarios