Sábado. 28.01.2023
El tiempo

Íntegro levará a Baio mercados solidarios de segunda man todos os sábados de febreiro

Rastrillo Solidario Integro 2023
Íntegro levará a Baio mercados solidarios de segunda man todos os sábados de febreiro

O vindeiro mes de febreiro, as frechas de amor de Cupido compartirán protagonismo coas mostras de solidariedade que realizarán as persoas que se acheguen ata o mercado solidario que a asociación Íntegro celebrará cada sábado nas instalacións que a empresa de Xestión Social MáisPorvir ten na localidade de Baio, en Zas (Os Muíños, nº 7- O Allo).

Mobiliario, téxtil, lámpadas, complementos, enciclopedias ou libros a partir de 2€ serán algunhas das “gangas” que se poderán atopar neste singular rastrillo de produtos de segunda man, que permanecerá aberto ao público os sábados 4, 11, 18 e 25, en horario de 10.30 a 13.30 horas.

A recadación de cada evento irá destinada a financiar actividades de lecer, enmarcadas no programa “Vida comunitaria e social” do Centro de Recursos de Nantón, necesarias para promover a adquisición de experiencias que melloren a calidade de vida das persoas usuarias (actividades recreativas, de ocio, relacións sociais...).
 

comentarios