Mércores. 16.10.2024
El tiempo

A lingua e a cultura galegas como ferramentas pedagóxicas educativas e formativas na Semana da Cultura do IES de Baio

Semana Cultural IES de Baio 22
A lingua e a cultura galegas como ferramentas pedagóxicas educativas e formativas na Semana da Cultura do IES de Baio

Arrinca hoxe 18de maio, ata este venres 20, a XVI Semana Cultural do IES Maximino Romero de Lema. Un programa formulado baixo o eco dos versos de Florencio Delgado Gurriarán, o autor homenaxeado no Día das Letras Galegas, contando coa colaboración de xentes da cultura de toda Galicia.

Son varios os eidos nos que traballa o centro para utilizar o coñecemento como argumento de defensa e posta en valor: o patrimonio, con actividades con Felipe Senén, a visita a Dombate e ao MELGA ou os enredos musicais de Emilio Lois); a importancia de conservar as especies arbóreas autóctonas (Nieves del Pilar Vidal González), a riqueza de coñecer os límites da Terra e do Universo (Íñigo de la Cuadra-Salcedo), o recoñecemento e respecto pola diversidade afectivo-sexual (Quérote+), o coñecemento de mulleres referentes no noso cine (Olga Osorio), a concienciación ante o abandono dos animais (Centro de Protección Animal de Zas), achegarse á creación fotográfica (Xurxo Lobato, Lois Cid ou Sol Mariño), poética (Dores Tembrás) e teatral (Invisibles de Redrum Teatro ou Pazos da Terra d ́Os Quinquilláns).

Noa Vázquez falará de nutrición, e Alberto Ramos, da Unidade de Prevención do Suicidio C.S San José de A Coruña, e Sara García da Unidade de Saúde Mental de Carballo falarán da saúde mental na adolescencia tras estes dous anos de pandemia.

O mestre Óscar Rey Calo traerá as novidades en materia de novas tecnoloxías cos novos drons do centro; Marta Diz falará do deseño e á imprensión en 3D e Adrián López sobre a utilización correcta da Internet.

O concerto do grupo musical Arredores, da cerquedá Icía Varela, pechará a sesión.

Comentarios