Martes. 16.04.2024
El tiempo

A liquidación do stock dos Talleres de Baio trae ilusións para as crianzas máis necesitadas

Liquidacion Total Feirauto2019
A liquidación do stock dos Talleres de Baio trae ilusións para as crianzas máis necesitadas

Ao longo de todo o mes de decembro, os catro talleres de Baio que forman o grupo Feirauto - Talleres J. Lema, Talleres Manuel Montes, Talleres Graíño e Automóviles Celmar - poñen á venda máis de 100 vehículos de ocasión con descontos especiais fin de ano.

A campaña de promoción vén acompañada por outra solidaria. “Un coche, unha ilusión” consiste na doazón de xoguetes, calzado e roupa que serán entregados no Departamento de Servizos Sociais do Concello de Zas que se encargará de repartilos entre as familias máis necesitadas do municipio.

Liquidación

Durante a campaña “Liquidación total de stock”, que se prolongará ata o 31 de decembro, os talleres de Baio ofrecen nas súas exposicións unha gran cantidade de vehículos de ocasión con descontos especiais e con vantaxosas condicións de financiación. A oferta é moi ampla e van desde utilitarios de alta gama ata furgonetas, SUVs,… na maior parte km0 ou procedentes de flotas de aluguer, demostración ou renting. Todos os vehículos están 100% revisados e contan coa garantía Feirauto o cal garantiza que a súa entrega sexa inmediata e con total seguridade.

Comentarios