venres. 08.11.2024
El tiempo

Satisfacción dos 5 concesionarios ante as cifras da 44ª edición da Feirato de Baio

  • Os sorteos de vales de 50€ para combustible xa teñen gañadores.
Promotores da Feirauto de Baio
Os 5 Promotores da Feirauto de Baio
Satisfacción dos 5 concesionarios ante as cifras da 44ª edición da Feirato de Baio

Xentes de toda Galicia volveron achegarse esta pasada fin de semana a Baio para botar un ollo aos máis de 200 coches de ocasión que sacaron ás rúas os 5 unidos concesionais da capital galega do automóbil durante a 44ª edición de xornadas de portas abertas de Feirauto.

Outra edición na que se manteñen as boas cifras, sumando máis dunha vintena de ventas e outras tantas operacións que se poden completar ao longo destas semanas. Unha boa parte dos vehículos vendidos ao longo destes días son coches seminovos de gama media-alta dun precio medio de 14.000 euros.

Sorteos

Foron moitos os que quixeron participar no concurso dos vales de 50€ para canxear na Estación de Servicio Cepsa de Baio. Os números gañadores son: 1075, 1885, 3942, 4295, 5312, 5919.

As persoas que posúan as rifas dos números gañadores deben de presentarse en calquera dos talleres do grupo Feirauto (Talleres J. Lema, Talleres Manuel Montes, Talleres Graíño e Automóviles Celmar) onde lle indicarán os pasos a seguir para canxealas por combustible. Os gañadores teñen ata o 31 de outubro tanto para presentar a súa rifa como para utilizar o vale na Estación de Servicio Cepsa de Baio.

Novas relacionadas

Comentarios