M.A.N, Mar Arte Naufraxios: sesións documentais nas Torres do Allo
09:54 20/07/23
O xoves 20 e o venres 21 de xullo ás 22:30h, o exterior do pazo das Torres do Allo encherase cunha serie de sesións documental no marco do proxecto M.A.N. Mar, Arte, Naufraxios.
A cita do venres 21 é con Paula Castiñeira e María González, creadoras do documental “Caneliñas, a Costa das Baleas. Un documental estupendo que repasa a historia da baleeira ceense..
Exposición
Ademais, as Torres do Allo acollen dende hoxe ata o 30 de xullo a exposición fotográfica “Prestige: 20 anos”, nha selección de 20 fotografías retratadas por Jose Manuel Casal e Ana García, fotógrafos de La Voz de Galicia na sección de Carballo.