Luns. 29.04.2024
El tiempo

Un magosto para despedir o verán das Torres do Allo

magosto e Samaín 2023
Un magosto para despedir o verán das Torres do Allo

Este domingo 5 de novembro o pazo máis antigo de Galicia prepárase para celebrar dúas das festas máis tradicionais do outono, o magosto e o samaín con actividades organizadas polo Concello de Zas coa colaboración da Deputación da Coruña.

Comezarase ás 16:00h da tarde cunha actividade para público familiar da man de María da Pontragha e o seu espectáculo “Non teñas medo á morte”, onde todas as persoas asistentes poderán morrer coa risa, chorar coa risa e tamén rir coa morte, a través dunha contada festiva e alegre na que non haberá tempo de laiarse nin choromicar.

Continuarase ás 17:00h. cun obradoiro especial de samaín titulado “escenas terroríficas”, para nenos e nenas de 4 a 12 anos no que poderán recrear as súas propias escenas de medo no pazo a través dun divertido xogo óptico.
Para participar será preciso inscribirse previamente nos Centros Socioculturais de Zas ou Baio (981 751 398 / 981 718 056) ou no mesmo correo das Torresdo Allo ([email protected]). As prazas serán limitadas.

A partir das 18:00h da tarde celebrarase o tradicional magosto do Allo, acompañado de música a cargo dos Os Enxebres de Cabana e Gaiteiros e pandeireteiras de Churía. Haberá castañas gratuítas e cantina con bebidas para todas as persoas que se queiran achegar ata as Torres do Allo. Todas as actividades son de balde e están orientadas para todos os públicos.

Comentarios