Luns. 07.10.2024
El tiempo

Máis de 300 persoas asistirán a xornada “Co liño e cos tempos” que se celebra este sábado nas Torres do Allo

xorndada_CO LINO E COS TEMPOS
Máis de 300 persoas asistirán a xornada “Co liño e cos tempos” que se celebra este sábado nas Torres do Allo

Máis de 300 persoas formalizaron a súa inscrición para participar na xornada “Co liño e cos tempos” que se celebra este sábado, día 21, a partir das 17:30 horas no xardín do pazo das Torres do Allo. Este é un evento organizado pola Deputación da Coruña en colaboración co Concello de Zas e a asociación “Amigos do Liño”. 

Entre os asistentes contaremos con veciños e veciñas de diferentes localidades de toda a comunidade galega e tamén asistirán representantes de distintas entidades e asociacións.

Este é o programa:

  • 17:00 - 17:30 horas: Recepción de participantes
  • 17:30 - 17:45 horas: Acto de inauguración do evento presentado por Jorge Mira Pérez
  • 17:45 - 18:45 horas:
    - Relatorios: Fiando o liño e a identidade da Costa da Morte. Rosa María Sánchez, profesional do Desenvolvemento Local.
    - Sostibilidade e futuro: tecidos con liño. Manuel Escourido Calvo, coordinador e docente do grao de Xestión Insdustrial da Moda da Universidade da Coruña
  • 18:45 - 19:15 horas: Desfile con prendas de liño
  • 19:15 - 19:30 horas: Parodia teatral de Teté Teatro de Salto 
  • 19:30 - 20:00 horas: Clausura
  • 20:00 - 21:00 horas: Degustación inspirada na viandas dos fiadeiros amenizada por un grupo musical

Comentarios