Venres. 26.04.2024
El tiempo

Unha marcha anti-machista únese á San Silvestre de Zas

Unha marcha anti-machista únese á San Silvestre de Zas

Este martes 31 de decembro, Baio celebra a súa mítica San Silvestre. Pero este ano terá un aliciente singular, pois un colectivo de mozas do Concello veñen de convocar unha marcha co gallo da polémica suscitada fai uns días polos comentarios lanzados polo crego de Baio. Unha marcha en “repulsa de calquer acto que menosprecie a integridade da muller”.

A marcha partirá este martes 31 ás 16:00 no Pavillón Municipal de Baio, e máis tarde unirase a carreira que percorrerá a vila. “Iremos vestidas e vestidos de negro, cun fuciño de porco que vos repartiremos alí. Contamos con casi 200” manifesta este grupo de rapazas, que levarán esta imaxe do Xabarín como dorsal.

A idea é facer foliada, facer ruído para acalar os chíos machistas.

Novas relacionadas

Comentarios