Venres. 26.04.2024
El tiempo

O alcalde de Zas e as Curandeiras de Vimianzo reaccionan ante os chíos do párroco de Zas

Curandeiras de Vimianzo cos bombos
O alcalde de Zas e as Curandeiras de Vimianzo reaccionan ante os chíos do párroco de Zas

A polémica xurdida esta semana polos chíos do párroco de Zas a través do Twitter está convertíndose nunha bola de neve. Nun dos chíos chamaba “cerdas” ás feministas e “gilipollas” aos votantes do BNG, e a pesar de borrar toda a súa conta da rede social (4 días despois de publicalos chíos máis polémicos), as redes sociais incendiáronse contra el.

Ata o punto de que o o propio alcalde de Zas falou en rolda de prensa sobre o asunto, rexeitando os chíos e reiterando que “esas ideas non representan á veciñanza”. Manuel Muíño, sinalou sentirse “molesto, doído e decepcionado pola imaxe que se está a transmitir de Zas”, e vinculou os comentarios ás ideas de Vox, partido que “de momento non teñen representación en Galicia”, aclarou Muíño en relación a Vox. Os comentarios foron borrados despois de que se viralizaran nas redes.

Carta das Curandeiras de Vimianzo

Así mesmo, o colectivo feminista das Curandeiras de Vimianzo, envían un comunicado polo caso do párroco de Zas.

Esta semana Francisco Rafael Gómez – Canoura, párroco de Zas e Baio, entre outras moitas parroquias do Concello de Zas, escribiu no seu Twitter que as Feministas somos unhas "cerdas” e que as mulleres violadas forzan conciencias aos homes. Acto seguido, nun acto de covardía agóchase borrando a súa conta de Twitter e por último, vendo o alboroto que se forma, pide desculpas.
Sr. Cura, sendo vostede home de Igrexa, antes de pedir perdón esperamos que pasara polos cinco pasos que o catecismo ensina:
1. Exame de conciencia
2. Dor do pecado
3. Confesar o pecado
4. Propósito da enmenda
5. Cumprir a penitencia.
É dicir: Reflexione, arrepintase, corríxase, non volva ofender e expíe o seu pecado.

As desculpas falsas, enmascaradas baixo eufemismos como ‘inapropiadas’ e ‘desafortunadas’, xa non enganan a ninguén nin son dabondo cando se trata dunha lacra social como é a violencia machista.

Non só por alusións directas e claras como asociación feminista que somos, senón tamén como seres humanos, xa que, para quen aínda non logre entendelo, a loita feminista é de todxs e para todxs; manifestamos a nosa total repulsa/repudia contra os insultos e palabras de odio pronunciadas por este párroco.

Que máis quixeramos nós que a nosa loita pacífica non tivese que ser levada a cabo, máis aínda no século XXI. Porén, individuos como Gómez-Canoura son un exemplo máis do porqué das nosas reivindicacións.

Sabemos que caladas lles parecemos máis guapas, pero preferimos ser libres, xa que é aí onde radica a verdadeira felicidade.

As Feministas facémonos cargo de que ver perigar privilexios non gusta a ninguén. O heteropatriarcado, ao que vostede pertence, leva disfrutando deses privilexios dende hai séculos; por iso agora xa non lle chega o seu púlpito, no que levan dende os inicios da igrexa obrigando a pensar dunha forma determinada, enganando, adoctrinando…, agora xa se nos ataca dende as redes socias. Pois moi ben, Sr. Cura, non estaría mal que sexa vostede o que se adapte aos tempos e aprenda un pouco de Feminismo (igualdade), corrente política (apartidista), democrática e aberta sempre ao debate.

Temén lle lembramos que o feminismo nunca asasinou nin violou a ninguén, mais o machismo faino a diario en todo o mundo. Neste tema só se pode estar nun bando, no das vítimas, e neste bando é onde nos atopamos tódalas Feministas, defendéndoas.

NIN UNHA MENOS! Por iso non deixaremos pasar nin unha barbaridade máis sen denunciala.

  • - As Curandeiras de Vimianzo.

Novas relacionadas

Comentarios