Martes. 05.11.2024
El tiempo

Marcos Calveiro abríu a cociña da súa escritura ao alumnado do IES de Baio

Marcos Calveiro no IES de Baio
Marcos Calveiro abríu a cociña da súa escritura ao alumnado do IES de Baio

Outro luns de actividade cultura para o alumnado do IES Maximino Romero de Lema, no marco doprograma do Ministerio de Cultura e Deporte “Actividades Literarias en Institutos de Ensino Secundario”. Desta volta, trala sesión de ciencia e poesía con Estíbaliz Espinosa, recibiron a visita do autor Marcos Calveiro, un dos escritores máis recoñecidos da literatura actual.

Para recibilo, o alumnado, trala lectura das obras, o alumnado preparara unha exposición recreando a esencia de varios libros de Calveiro. Un Calveiro que recoñecía que estaba nun momento de silencio que está a piques de rematar.

Compartiu co alumnado a cociña da súa escritura en tres sesións na que se centrou nos libros lidos en cada curso. Iniciaron o encontro con 4º da ESO falando do xérmolo de “As palabras poden matar”, “Centauros do Norte” e “O pintor do sombreiro de Malvas”. Na sesión con 1º de Bacharelato compartiu imaxes da Vilagarcía do século pasado, na que transcorre a premiada “O xardineiro do cemiterio dos ingleses”, para a continuación establecer un diálogo sobre aqueles aspectos que máis interesaron a alumnos e alumnas. Finalmente, rematou o encontro co alumnado de 3º da ESO no que a novela “Todos somos” deu pé a un interesante debate do papel dos medios de comunicación e do comportamento da sociedade en casos de desaparición de menores de idade, tema central da obra.

Comentarios