#MercaSoneira, a nova marca do comercio local soneirán
08:10 21/12/20
Co único apoio do Concello de Zas, a Asociación de Empresarios Comarca de Soneira lanza a marca #mercaSoneira. Unha marca que servirá para todas as campañas da entidade, como esta de Nadal, fomentando o consumo no comercio local.
”A Covid fíxonos tomar conciencia da urxencia de unir forzas e traballar en común para salvar a economía da Costa da Morte, e por tanto, a vida no rural da zona Terra de Soneira. Esperemos que este noso primeiro paso, resulte de interese para seguir polo resto”, explica Tatiana Rellán.
Coa ilusión de convertir a marca nun referente comarcal, abriron xa a súa primeira campaña de rascas, para entrar nun sorteo de 600€ e unha gran cesta.