Nova fornada de actores en Zas

08:25 05/06/13

Nova fornada de alumnos da III Escola de Teatro para persoas adultas en Zas. O mestre Pablo Soto, Pibe, de Badius Teatro, vén de facer entrega xunto co concelleiro, dos diplomas, a estes novos actores.
O acto tivo lugar ó finalizar a representación da obra "O Testamento", logo da obra "O Gorro", xa estreada o domingo anterior, da VI Escola de Teatro Infantil. De aquí a Brodway xa se din!!
Nova ruta polo Camiño
Ademais, este sábado 8 de xuño, volveremos a facer a cuarta e penúltima etapa do Camiño a Pé: Ourense-Santiago. A última terá lugar o sábado, 15 de xuño.
Novas relacionadas
- Badius Teatro xa fai o sueco no Youtube.
- 25 anos espallando o teatro dende Baio para toda a Costa da Morte.
- Zas xa prepara a súa II BTT para o San Xoán cun ollo no Desafío do Atlántico.
- Zas púxose de premios.
- Os camiñantes foron unha fin de semana máis os protagonistas.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).