Xoves. 25.04.2024
El tiempo

A nova praza de Baio inaugurará o nome de Jorge Mira o sábado 18

cartaz acto descubrimento placa praza Baio
A nova praza de Baio inaugurará o nome de Jorge Mira o sábado 18

A Corporación do Concello de Zas reunirase o sábado 18 de xuño ás 12:00 horas nun Pleno Extraordinario para aprobar o nome da nova praza de Baio que a partir dese momento pasará a chamarse de forma oficial “Praza Jorge Mira Pérez”.

Unha vez rematada a sesión plenaria, terá lugar na propia praza o acto de descubrimento da placa nun acto no que intervirán o Alcalde de Zas, Manuel Muíño, e o propio Jorge Mira Pérez. A continuación visualizarase un breve vídeo sobre a transformación da zona e rematarase cuns pinchos para toda a veciñanza.

Comentarios