Mércores. 20.10.2021
El tiempo

O Concello de Zas comezou ca instalacións de trampas para a velutina ante a pasividade da Xunta

O Concello de Zas comezou ca instalacións de trampas para a velutina ante a pasividade da Xunta
Colocando trampas contra a velutina no Concello de Zas Colocando trampas contra a velutina no Concello de Zas Trampas contra a avespa velutina Trampas contra a avespa velutina

Continúa Zas sendo un dos Concellos máis comprometidos na batalla contra a velutina, neste momento crucial para cazar as raíñas. A captura das vespas raíñas é fundamental para frear a propagación da praga” sinala Óscar Lema, Tenente de Alcalde de Zas, polo que a colaboración da veciñanza é fundamental na loita contra esta praga.

E sen deixar máis tempo, e paralelamente á celebración dunha concorrida charla informativa, o Concello de Zas comezou a pasada semana a instalación de trampas para a vespa velutina nos puntos máis sensibles do municipio. Trátase dunha acción que se enmarca dentro da campaña de trampeo emprendida polo goberno municipal debido “á pasividade da Xunta” no control desta praga.

Todas as trampas están numeradas e etiquetadas co logo do Concello de Zas para que sexan facilmente recoñecibles co fin de que non se retiren, rompan ou muden de lugar. Cada quince días renovaranse e colocaranse novas trampas nas zonas máis vulnerables a esta praga.

Así, dende o Concello instan a todos os apicultores do municipio a que indiquen a localización das súas colmeas por ser éstes lugares sensibles ao ataque da velutina así como os puntos nos que aniñaron en anos anteriores. Tanto a información como as dúbidas sobre o control desta praga poden resolverse chamando ao Concello de Zas (981 70 83 03).

Novas relacionadas

Fonte

comentarios