Mércores. 16.10.2024
El tiempo

O concello de Zas implanta o vaso ecolóxico nas festas

O concello de Zas implanta o vaso ecolóxico nas festas
vaso-ecoloxico-zas O goberno municipal mercou 6000 vasos reutilizables para prestar ás comisións de festas Coa colaboración das comisións de festas, o concello de Zas vén de firmar un novo compromiso co medio ambiente implantando os vasos reutilizables nas festas e festivais dos municipio. Así, o goberno municipal, liderado por Manuel Muíño, mercou 6.000 vasos ecolóxicos e reutilizables que distribuirá entre as comisións de festas baixo o sistema de préstamo. Unha vez rematadas as celebracións, devolverán os recipientes co fin de que se empreguen noutro evento lúdico destas características. A iniciativa ponse en marcha hoxe nas festas de Mira e mañá trasládase á festa da Carballeira de Baio. Como funciona A idea é que unha persoa utilice o mesmo vaso durante toda a festa. Os asistentes que desexen consumir deberán pagar unha fianza polo envase  que lle será devolta ao final da noite en caso de que o volvan depositar nas condicións nas que o mercaron.  A importancia de aforro do vaso ecolóxico é moi alta en canto a impacto ambiental, xa que, en xuntanzas lúdicas deste tipo xérase unha alta cantidade de lixo plástico  debido ao alto número de vasos usados creados con este material. Ésta xa foi unha das novidades da Carballeira de Zas do ano pasado coa que se acadou reducir de xeito considerable a cantidade de residuos. Novas relacionadas Fonte

Comentarios