O Concello de Zas levará probablemente a xestión das Torres do Allo
Seguen pechadas as Torres do Allo, un dos focos de interese patrimoniais máis interesantes e un dos únicos pazos musealizados de toda a Costa da Morte. Tras moitos anos de xestión por parte da Neria, a Deputación leva varios meses buscando unha entidade que a xestione, e que permita a xestión cultural do museo durante todo o ano.
Parece que o Concello de Zas é a entidade máis cercana a asumir a responsabilidade de xestionar este edificio que pertence á entidade provincial. Así o acordaron o alcalde zaense Lolo Muíño e o presidente da Deputación Diego Calvo, nun encontro no que falaron da posibilidade de manter unha colaboración estable para pór en marcha accións conxuntas de cara a unha programación cultural estable.
Ademais desta cuestión, o rexedor solicitou á Deputación o proxecto realizado para a ampliación do paseo fluvial en Baio, polo que Calvo confirmou a súa cesión ao Concello. Finalmente, Diego Calvo e Manuel Muíño tamén falaron da posibilidade de que o tramo urbano da estrada DP. 9301 ao seu paso por Zas pase a ser de titularidade municipal.
Máis información
- Recunchosdacosta: Os Batáns do Mosquetín.
- Recunchosdacosta: As Torres do Allo.
- Recunchosdacosta: O Dolmen de Dombate.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).