Martes. 08.10.2024
El tiempo

O concello de Zas organiza a I Mostra de Teatro Afeccionado

O concello de Zas organiza a I Mostra de Teatro Afeccionado
Actores de Badius durante a última representación que fixeron en Baio da obra Frankenstein Actores de Badius durante a última representación que fixeron en Baio da obra Frankenstein Xa vén de atrás a traxectoria do teatro afeccionado no concello de Zas con grupos tan consolidados como Badius ou os da súa escola de teatro. Así que co obxectivo de fomentar as artes escénicas, o departamento de Cultura dirixido por Manuel García Velo, acaba de organizar a I Mostra do Teatro Afeccionado. Segundo indican dende o propio goberno municipal, ésta pretende ser "unha cita anual á que poidan acudir compañías de teatro amador e, favorecer así as obras feitas en galego". Na Mostra poderán participan todos os grupos de teatro afeccionado da comunidade galega presentando o número de obras que desexe, das cales só poderá ser seleccionada unha. O prazo límite de inscrición e entrega da documentacion remata o 28 de marzo de 2016. A selección das obras realizaraa unha comisión formada por Manuel García Velo, concelleiro de Cultura, Ana Lucía Otero, animadora cultura do municipio, Ricardo Vigueret Gil, Alberto Villar López e Pablo Soto Videla, membros do grupo de teatro Badius. A comisión realizará unha lista de cinco espectáculos que formarán a I Mostra de Teatro Afeccionado do Concello de Zas e que se exhibirán nos auditorios de Baio e Zas. A exhibición terá lugar os sábados 23 e 30 de abril, e 7, 14 e 21 de maio de 2016. Mentres que a entrega dos premios se realizará o 28 de maio. Premios A obra gañadora recibirán un premio de 700€, mentras que a segunda e terceira clasificadas recibirán 500 e 300€, respectivamente. Tamén haberá un premio ao mellor actor e á mellor actriz consistente nun trofeo e nun diploma acreditativo. Asemade, o concello de Zas abonará 100€ a cada grupo seleccionado en concepto de gastos orixinados pola montaxe dos espectáculos.

Novas relacionadas

Fonte

   

Comentarios