Venres. 29.03.2024
El tiempo

O Concello de Zas pon en marcha unha nova edición da Mostra de Teatro Afeccionado

O Concello de Zas pon en marcha unha nova edición da Mostra de Teatro Afeccionado
II-mostra-teatro-afeccionado-zas II-mostra-teatro-afeccionado-zas Por cuarto ano consecutivo, o Concello de Zas, a través da Concellería de Cultura, organiza a Mostra de Teatro Afeccionado “Labarta Pose” coa que pretende fomentar a cultura nas artes escénicas e, en particular, no eido afeccionado e na que poden participar todas as compañías/grupos de teatro afeccionado de Galicia. Unha vez publicadas as bases da mostra no BOP – Boletín Oficial da Provincia – queda aberto o prazo de inscrición que se prolongará até o 20 de febreiro. Os participantes deberán enviar un vídeo en formato DVD/CD do espectáculo completo (lápis de memoria, ligazón web,…) ademais da documentación que se require en ditas bases. Poderán presentar tantas obras como o desexen das cales só unha poderá ser finalista que será seleccionada por un xurado composto por membros do Concello de Zas e do grupo de Teatro Badius. Os cinco espectáculos finalistas reprensentaranse os días 23 e 30 de marzo, 6, 13 e 27 de abril distribuídos entre o Auditorio de Baio e o de Zas. A entrega  de premios terá lugar o domingo 9 de xuño. Premios Unha das principais novidades deste ano son os premios, xa que ademais de ampliarse a súa cuantía haberá unha nova distribución dos mesmos. En total, repartiranse 3.500 euros da seguinte forma:
  • Premio á mellor obra elixida polo xurado: 900€, trofeo e diploma acreditativo
  • Premio á segunda mellor obra elixida polo xurado: 800€, trofeo e diploma acreditativo
  • Premio á terceira mellor obra elixida polo xurado: 700€, trofeo e diploma acreditativo
  • Premio á cuarta mellor obra elixida polo xurado: 500€, trofeo e diploma acreditativo
  • Premio á quinta mellor obra elixida polo xurado: 400€, trofeo e diploma acreditativo
  • Premio á mellor obra elixida polo público: 200€, trofeo e diploma acreditativo
Os/as interesados/as en participar poden consultar as bases a través da páxina web do Concello de Zas ou contactar coa organización no enderezo electrónico [email protected] . https://quepasanacosta.gal/o-teatro-afeccionado-segue-moi-vivo-en-zas/

Comentarios