Luns. 29.04.2024
El tiempo

O PSOE estreou a súa nova sede en Zas

Sheila Rial Local Social do PSOE Zas 4
Sheila Rial arroupada por Bernardo Fernández Piñeiro e Valentín Formoso
O PSOE estreou a súa nova sede en Zas
En plena precampaña para as eleccións autonómicas do 18 de febreiro, o PSOE estreaba este venres a súa nova nova sede do PSdeG-PSOE. A chamada Casa do Pobo terá "as portas abertas a toda a veciñanza”, aseguraba a voceira local Sheira Rial, arroupada polo lider dos socialistas galegos, Valentín Formoso, e o secretario provincial do PSOE, Bernardo Fernández.

Sheila Rial, no seu discurso, resaltou a importancia desta nova sede para os socialistas de Zas: “Para nós, abrir a primeira Casa do Pobo neste concello é un motivo de orgullo, especialmente tras os actos vandálicos que afectaron a outras Casas do Pobo nos meses recentes”. A voceira socialista estendeu unha calorosa invitación a toda a veciñanza, subliñando que a nova sede é un espazo inclusivo e representativo da comunidade: “Aquí cabemos todos e todas”.

Local PSOE Zas 1

Valentín Formoso destacou a intención dos socialistas de fomentar un Zas cheo de oportunidades, especialmente para a mocidade.
Pola súa banda, Bernardo Fernández Piñeiro destacou o significado estratéxico da nova sede no contexto político local: “A inauguración desta sede marca o inicio dunha nova etapa que comezamos nas pasadas eleccións municipais en maio. Sheila Rial liderou con compromiso esta agrupación, presentando unha candidatura despois de varias lexislaturas sen
representación socialista neste concello. Hoxe é un día de ledicia, pois avanzamos no proxecto de implantación do noso partido nun lugar tan importante para nós e clave dentro da Costa da Morte”.

Comentarios