Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O teatro e o deporte cítanse en Zas

O teatro e o deporte cítanse en Zas
Xa está aberto o prazo de inscrición para a V carreira pedestre Concello de Zas que se celebrará o vindeiro 3 de xuño. Os interesados en participar poden formalizar a súa inscrición ata o 31 de maio a través da páxina www.championchipnorte.com. Hoxe desenvolverase a 3ª etapa do camiño de Santiago a Muxía por Brandomil organizada pola asociación Cultural Grandimirum de Brandomil en colaboración co concello de Zas. Os camiñantes sairán ás 20 horas da paza do concello para percorrer os case 22 quilómetros que separan Brandomil de Berdoias. Mostra de teatro Por outra parte, esta noite terá lugar no auditorio de Baio a última actuación da II Mostra de Teatro Afeccionado organizada polo departamento de Cultura. A compañía O Catre Teatro - da A. C Alende de As Pontes - reseprentará a obra "O medo meu"; unha traxicomedia para rir e pensar. A obra - que comeza ás 21 horas - está dirixida a maiores de 13 anos e a entrada é de balde. Novas relacionadas Fonte

Comentarios