Venres. 26.04.2024
El tiempo

Os 100 alumnos das Escolas tradicionais de Adro pechan o curso cunha emotiva clausura

Os 100 alumnos das Escolas tradicionais de Adro pechan o curso cunha emotiva clausura
O vindeiro domingo, terá lugar a partir das seis da tarde no pavillón de Baio a clausura das clases de baile e música tradicional da Asociación Cultural Adro de Baio. En total son case 100 alumnos e alumnas os que lle dan vida ás nosas escolas de baile tradicional, pandeireta, gaita e percusión. Farán unha demostración do aprendido ao longo de todo o ano onde se inclúen pezas tradicionais de distintos puntos da comunidade galega. Ao remate, haberá churrasco e callos gratis para todos os socios e socias da Asociación Cultural Adro.

Fonte

  • Adro.

Comentarios