Os alumnos de Zas xa saben un pouco máis de aves


Xa foron tres grupos de escolares os que disufrtaron da exposición de Aves de Galicia en Zas. Trátanse dos alumnos de 3º, 4º e 6º de Primaria do CEIP Labarta Pose de Baio que participaron nas Visitas guiadas á exposicións didáctica "Aves de Galicia", que está aberta ao público dende hoxe, ata este venres 4 de maio no Centro Sociocultural de Baio (Zas).
Trátase dunha exposición itinerante da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (Dirección Xeral de Conservación da Natureza) da Xunta de Galicia en colaboración coa Obra Social La Caixa, que pretende achegar a poboación ao medio natural a través das aves.
Está prevista a participación de todo o alumnado do CEIP Labarta Pose de Baio (115), 30 do CPI de Zas, 27 de 1º de ESO do IES Maximino Romero Lema.
Ademais tamén hai dúas visitas guiadas reservadas para aquelas persoas adultas que queiran estar acompañados dun monitor que lles explique a exposición, o mércores e o venres, de 17:30 a 18:30. Só teñen que achegarse.


Novas relacionadas
- As aves toman Zas.
- Zas vístese de branquiazul para facer o camiño.
- Javier Couto: “O turista cada día é máis esixente, e cada vez pide máis sendeirismo”.
- A ornitoloxía, un potencial produto turístico máis para a Costa da Morte.
Fonte
- Concello de Zas.