domingo. 10.05.2026
El tiempo

Miles de persoas marcharon contra a macroplanta de biogás na Laracha

Manifestacion na Laracha Biogas Asi non-foto.Marocs Figueroa 2
Manifestacion na Laracha contra a planta de biogás- Foto: Marcos Figueroa
Miles de persoas marcharon contra a macroplanta de biogás na Laracha

Nova demostración de compromiso da sociedade de Bergantiños en contra das grandes industrias. Este sábado a veciñanza da Laracha fixo historia cunha das manifestacións máis multitudinarias que se recordan na vila: case 3.000 persoas percorreron as rúas da Laracha baixo lemas como “queremos aire puro, non futuro escuro” e numerosas pancartas, incluso un ataúde coa mensaxe “Morte de Soandres”, escenificando o final do seu modo de vida se a macroplanta de biogás finalmente se fixera realidade.

Este proxecto, da empresa Bioenergía Coruña, que se pretende instalar en Vista Alegre na parroquia larachesa de Soandres, afectaría a unhas 500 familias que viven nun radio de 3km, procesando ata 63.500 toneladas anuais de residuos orgánicos, chegando a verter o equivalente a 2.000 camións cisterna de residuos líquidos na cabeceira do río Anllóns, que atravesa varios concellos da comarca de Bergantiños.

Manifestacion na Laracha Biogas Asi non -Foto-Marcos Figueroa
Manifestacion na Laracha Biogas Asi non -Foto-Marcos Figueroa

Ao remate da marcha, diante do edificio do Concello en obras, a Plataforma convocante leu un manifesto no que deixaron claro que “non estamos en contra das renovables, pero si deste modelo” e explicaron todos os perigos e danos que esta macroplanta podería acarrear e que non están dispostos a permitir: "Isto non remata aquí, é unha loita longa e non imos parar", xa que tal como explicaron, está o prazo de alegacións aberto ata o 26 de maio e pensan esgotar todas as vías para evitar que este proxecto condene o seu futuro.

Os tres grupos políticos foron da man.

Manifestacion na Laracha Biogas Asi non -Foto-Marcos Figueroa 2
Manifestación na Laracha Biogas Asi non -Foto-Marcos Figueroa

Máis novas do proxecto

Comentarios