Os auditorios de Zas e Baio prepáranse para a III Mostra de Teatro Afeccionado
11:50 09/04/18
Coas obras finalistas xa seleccionadas, os auditorios de Zas e de Baio xa están preparados para abrirlle o telón á III Mostra de Teatro Afeccionado "Labarta Pose" organizado polo Concello de Zas a través da súa concellería de Cultura. “Serán cinco sábados con espectáculos chegados dende distintos puntos do país” sinala Manuel García Velo - concelleiro de Cultura-. As representacións dividiranse entre os auditorios de Zas e de Baio e en todas a entrada é de balde.
A Mostra arrinca o próximo 21 de abril no auditorio de Zas coa obra “O5 CO2NO5 50N COU54 D€ 3” de Tiruleque, un grupo de teatro chegado dende O Carballiño. As representacións continuarán os catro sábados seguintes, 28 de abril e 5, 12 e 19 de maio. E xa o domingo, 27 de maio, terá lugar a entrega de premios que se celebrará xunto coa clausura da XI Escola Municipal de Teatro Infantil. Como novidade, este ano, dentro da Mostra de Teatro inclúese unha obra dirixida especialmente ao público infantil. Que será o 19 de maio no Auditorio de Zas. O resto das obras de teatro comezan ás 21 horas e repartiranse entre os escenarios do Auditorio de Zas e o de Baio.
Nesta terceira edición presentaronse un total de 19 obras de teatro das que cinco quedaron finalistas tras a selección do xurado composto por membros do Concello de Zas e do grupo de teatro Badius. A maior parte das obras que se representarán son comedia, ainda que tamén haberá drama e incluso teatro de sombras.
“Coa esta mostra de teatro queremos darlle visibilidade a todos os actores e actrices que adican boa parte do seu tempo libre ao teatro, ao teatro feito en galego e tamén contribuír á dinamización económica do noso concello”, sinala Velo. Cada unha das obras que se representan recibirá 500€ xunto cun diploma acreditativo. Tamén haberá premios (un trofeo e un diploma acreditativo) para a mellor obra elixida polo xurado, para o mellor actor e a mellor actriz e para a mellor obra elixida polo público.
Novas relacionadas
- A III Mostra de Teatro Afeccionado "Labarta Pose" xa ten finalistas
- Talía Teatro lembrou os 40 anos do teatro profesional na Gala dos XXII Premios de Teatro María Casares.
- Os Fouciño volverán situar a Baio no centro do audiovisual galego
- III Mostra: Arranca a III edición da Mostra de Teatro Afeccionado de Zas.
- II Mostra: Zas revitaliza o teatro afeccionado
- II Mostra: “Esperamos que nesta segunda edición Zas consolide a Mostra de Teatro Afeccionado dentro da axenda cultural”
- I Mostra: Zas consolida a Mostra de Teatro Afeccionado dentro da súa axenda cultural
- A figura de Labarta Pose reactívase coa visita do seu bisneto.
- Redacción QPC ([email protected])
- Concello de Zas