Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Os graffitis tamén toman Baio

Os graffitis tamén toman Baio

Joseba Muruzabal comezou co mural Baio Total Experience 1 Joseba Muruzabal comezou xa co mural Baio Total Experience Pouco a pouco a arte do graffiti vai invadindo a Costa da Morte de norte a sur. Comezaron en Carballo, onde xa convertiron os muros máis representativos do feísmo galego en grandes lenzos de obras de arte. Despois vilas como Malpica ou Muxía foron incorporando accións semellantes, para humanizar as contornas urbanas. Agora tócalle ao concello de Zas, que despois da fermosa experiencia no IES Maximino Romero de Lema co mural “Regreso á foliada II”, quere tamén encher de cor a rúa Bispo Romero Lema. Será co mural “Baio Total Experience” que recreará a Festa da Carballeira, da man de Joseba Muruzábal que, de feito, xa iniciou os traballos da nova obra que se sitúa nunha das fachadas do edificio situado ao carón dunha das paradas de autobús, na rúa Bispo Romero Lema. Adaptándose ao formato da parede, o mural recreará a Festa da Carballeira de Baio no que o verde dos carballos terán unha presenza especial. “Baio Total Experience” é o nome da obra que se enmarca dentro dun proxecto posto en marcha polo Concello de Zas, a través da Concellería de Cultura, e co que se pretende conxugar a tradición e a modernidade a través da arte urbana. mural-foliada-ies-baio O mural Regreso á foliada II embelece o IES de Baio

Comentarios