Os maiores de Baio e Zas tamén collen o rato

08:35 16/01/13

Aí os vemos, os alumnos dos cursos de Informática de Zas e Baio, orgullosos cos seus diplomas. Así nolo conta Braulio García, que temos comprobado os seus avances como un colaborador máis da familia QPC.
As clases seguen celebrándose, cun mestre de primeira, tamén coñecido de QPC, Santi Soneira. Agora seguen outros grupos para irse iniciando nas Novas Tecnoloxías, e ver para cando lles toca un un Curso de galego aplicado ás Novas Tecnoloxías?
Novas relacionadas
- Por que un Curso de galego aplicado ás Novas Tecnoloxías?.
- QPC imparte en Muxía o seu primeiro curso de galego nas Novas Tecnoloxías.
- O uso das novas tecnoloxías non ten idade.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).