Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Os pequenos de Zas aprenden informática e os maiores cociña pensando na Semana Santa

Os pequenos de Zas aprenden informática e os maiores cociña pensando na Semana Santa

Continúan activos os veciños de Zas, e se os pequenos escollen os ordenadores, os maiores tiran pola cociña. Aquí vemos aos pequenos do I Curso de Informática Educativa que finalizou o pasado 22 de marzo. Foron un total de 10 sesións de unha hora e cuarto de duración. Participaron un total de 9 nenos/as de último curso de educación infantil.
Ademais, este xoves, 29 de marzo, comezará unha segunda edición do curso con novos alumnos/as para o que xa están cubertas as prazas.

Esta outra imaxe corresponde ó Curso de Cociña. 2º grupo de Zas, incluído no programa de actividades do Concello 2011-2012. Nel participan un total de 23 persoas, 4 deles homes. Remata o próximo xoves 19 de abril.

Talleres de Semana Santa

Así mesmo, xa están prantexadas as Actividades das Vacacións de Semana Santa, pensadas para nenos de entre 5 e 12 anos, para as que xa está aberto o prazo de inscrición, que é obrigatoria para poder participar. Realizaránse xogos e manualidades os vindeiros días 2,3 e 4 de abril, de 11h a 13h no Centro Sociocultural de Zas, e de 16h a 18h no de Baio.

Poden solicitar máis información e inscribirse no 981.751.398 (Zas) e 981.718.056 (Baio) ata o venres 30 de marzo.

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de Zas.

Comentarios