Mércores. 18.09.2024
El tiempo

Os Premios Fouciño chegan aos comercios

Os Premios Fouciño chegan aos comercios
bolsas-premios-foucino Os comerciantes entregarán unha bolsa coas compras que realicen ao longo desta semana os clientes Coa 3ª edición dos Premios Fouciño xa en marcha, o concello de Zas vén de poñer en marcha unha campaña que persegue, por un lado, darlle difusión a este festival de cinema e por outro, fomentar as compras no comercio local. E todo cunha simple bolsa de papel que repartirán os comerciantes entre os seus clientes ademais de darlle información sobre a programación destes días entre as que se inclúen proxeccións, obradoiros e un festival ao aire libre. As bolsas son de papel reciclado e son reutilizables. Nelas figuran o logo dos Premios Fouciño así como os do Concello de Zas e o da Deputación da Coruña. bolsa-premios-foucino As bolsas son elaboradas en papel reciclado e podense reutilizar Proxeccións Hoxe continúan as proxeccións no edificio Pomares de Baio no marco da Semana do Audiovisual. E será cunha sesión triple que comeza ás 21:30 horas. Escarabana – da actriz Sara Casasnovas -; Deuteronomio 7.20 – de Marta Piñeiro – e Matria – de Álvaro Gago e que tivo xa numerosos recoñecementos – serán as proxeccións desta noite. A entrada é de balde. Novas relacionadas

Fonte

Comentarios