O PSOE de Zas propón ampliar o polígono pirivado dos Muíños e crear novo solo industrial público en Lamas

A candidata do PSOE de Zas, Sheila Rial, pon o foco na economía. Nunha reunión coa directiva da xunta de compensacióndo Polígono dos Muíños, en O Allo, escoitaron as demandas sobre a necesidade de impulsar e mellorar este polígono privado e impulsar a posta en marcha do novo solo industrial público disponible en Lamas para que a comarca e o municipio podan ter oportunidades.
“Se son alcaldesa, liderarei co resto de administracións a adecuación que necesita este polígono e iniciaremos o desenvolvemento do polígono de Lamas, con case medio millón de metros cadrados dispoñiibles nunha localización estratéxica grazas ao enlace da autovía que nos une con Carballo”, afirmou a candidata socialista.
Sheila Rial expuxo aos empresarios algunhas das principais propostas do PSOE en materia de promoción económica e industria, entre as que destacan melloras en O Allo e a elaboración dun plan director para o solo industrial público de Lamas, co que promover o crecemento da industria local e atraer novas empresas a Zas que podan ofrecer oportunidades de emprego.
O PSOE propón ademáis o establecemento de microcréditos para facilitar aos emprendedores do municipio o inicio da súa actividade, traballar na obtención de fondos europeos que contribúan a dinamizar a economía local, apoio específico para as iniciativas empresariais que se ubiquen no rural e especialmente para os sectores agrario e gandeiro.