O Punto Rojo ponse en marcha con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas
- Esta é unha ac+vidade organizada polo Concello de Zas e a Asociación BaiOn

A vila de Baio xa está preparada para unha nova edición do Punto Rojo; un evento de promoción do comercio local e a e a dinaminación sociocultural organizado polo Concello de Zas e a Asociación BaiOn.
Ruta de tapas
Ademais dos saldos de fin de tempada que atoparemos nos diferentes comercios asociados, outro dos pratos fortes deste evento que se celebra dende hoxe venres e ata o domingo é a ruta de tapas que se presentou esta tarde na praza Jorge Mira Pérez. Acompañados do Alcalde de Zas, Manuel Muíño, representantes dos seis establecementos hostaleiros que parHcipan nesta ruta mostraron as diferentes tapas que se poderán degustar durante estes tres días. O prezo será de 2,50€ cada tapa; 3,50€ tapa e quinto de cervexa; e 4,00€ tapa e viño.
Sorteo
Todas aquelas persoas que merquen nalgún dos comercios asociados ou consuman unha tapa poderán completar unha tarxeta de cuños coa que entrarán no sorteo de 1.700€ que se repartirán en varios cheques.
Actividades paralelas
O Punto Rojo completarase cunha programación paralela con actividades para todos os públicos. Durante a fin de semana haberá postos na rúa, onde os comercios expoñeran na vía pública as súas gangas, e tamén haberá un espazo para particulares que queiran darlle unha segunda vida ás súas prendas ou outros artigos.
O venres pola noite, ás 22:00 horas, a praza Jorge Mira acollerá unha sesión de cine ao aire libre coa proxección da película “Antes de Nós”. E xa durante toda a fin de semana, instalarán na praza inchables para os máis pequenos.
No Centro Sociocultural de Baio haberá un obradoiro de cine para a rapazada, onde crearán unha curta que se proxectará na vindeira edición dos Premios Fouciño. E non faltará a música polas rúas durante todo o día.