Domingo. 03.11.2024
El tiempo

Raíces na Carballeira de Zas contra a reforestación musical

Raíces na Carballeira de Zas contra a reforestación musical
Presentacion da Carballeira de Zas 2017 Presentación da Festa da Carballeira de Zas 2017 na Estrella Galicia Cartel da Festa da Carballeira de Zas 2017

Arrincou a 34ª Festa da Carballeira de Zas. A presentación oficial, este ano nas mítica Cervexería da Estrella na Coruña, pon en marcha a conta atrás que rematará os días 4 e 5 de agosto na senlleira Carballeira de Velar. Precisamente a singularidade do espazo natural foi unha das notas que destacou a vicepresidenta da Deputación. Goretti Sanmartín fixo referencia á nosa árbore máis simbólica para facer un paralelismo musical, facendo referencia a que a Carballeira de Zas serve para que saibamos manter os pés na terra, e seguir loitando contra a reforestación extrema a base de eucaliptos, que tamén se ve no mundo musical”.

Unha Carballeira que ten varias novidades especiais, entre as que destaca a presenza, por primeira vez, de Milladoiro. Ademais, a volta, por segunda vez, de Gwendal será outro dos puntos fortes dun festival que volve ter dous días de música folk, e tamén rock-metal. Unha cita pensada para todos os públicos nos que haberá sesión vermú sabatina, cunha fermosa tarde tradicional coa Gran Foliada.

A aposta decidida da Estrella Galicia polo evento ratifica tamén a incidencia a nivel galego da Festa zaseira. O seu Brand Manager recoñecía que “é un orgullo apoiar esta festa que representa a esencia da cultura galega, que ten unha importancia local, comarcal e rexional incuestionable e que é un perfecto escaparate do mellor de Galicia”.

”O mellor cartel da historia da Carballeira”

Tanto Óscar Lema, Tenente Alcalde de Zas e Manuel García, Concelleiro de Cultura e o propio Fidel Otero, director do festival, destacaron que se trata do “mellor cartel da nosa historia”, recoñecendo, iso si, que o cartel de cada ano ten que ser o mellor. Se Lema amosábase orgulloso de que “a Festa da Carballeira é a nosa seña de identidade” e, García repasaba aqueles comezos nos anos 80 nos que a xente de Zas quxio recuperar unha merenda tradicional, que ao final se convertiu este evento que”pon Zas e a Costa da Morte como capital do panorama folk internacional”.

Foi Otero o que debullou máis pormenorizadamente un Cartel que ademais das seguras apostas por Milladoiro e Gwendal, queren abrir o abano de espectadores, con bandas de folk-metal como os fineses Korpiklaani, ou os simpáticos Fillos do Estramonio.

Serán tamén unha cita especial para Radio Cos, onde o bo de Henrique Peón xogará en casa despois de tantos anos impartindo clases de música tradicional para a organizadora A.C. Castro Meda.

Deste xeito, o venres 4 de agosto estarán sobre o escenario Korpiklaani, Gwendal, Pan de Capazo e Os Fillos do Estramonio.
O sábado, para a sesión vermú estarán Dequenvessendo, Fanfarria Taquikardia e Cé Orquestra Pantasma, e pola noite Radio Cos, Milladoiro, Moxie e Rare Folk.

Ecoloxía, Artesanía e Semana Cultural

O festival musical compaxínaxe cunha marea de cousas máis. O Concello segue apostando polo respecto ao medio ambiente, con ese vaso ecolóxico, que xunto coa camiseta do ano, está deseñado por Luis Davila. Precisamente Sanmaratín reincidía na idea, dando conta de que “Zas ten a chave do meirande tesouro, a da Carballeira natural”.

Novamente, a Olería de Buño estará presente no Festival, e tamén durante a completísima Semana Cultural que irán debullando os organizadores.

Toda unha aposta para superar os 8.000 asistentes do ano pasado.

Entradas

Xa están á venda as entradas en ticketea.com, con prezos especiais. Ata o 4 de xullo, o abono de 2 días custará 12€ (pasará a 15 o último mes).
A entrada inclúe zona de acampada de balde, baños e duchas.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios