Unha regueifa escolar contra os recortes en pediatría
A regueifa está vivindo unha segunda xuventude dende as escolas da Costa da Morte. Xa o vimos coa Regueifa medioambiental do cole de San Vicenzo. Agora tócalles á rapazada de 5°de primaria do CEIP Labarta Pose de Baio, que vén de protagonizar unha regueifa absolutamente simbólica do que vive a veciñanza de Zas nestas datas coa loita contra os recortes en pediatría.
A mestra pediulles unhas estrofas de temática libre e o alumnado tomou o reto en clave reivindicativa. Así naceu a regueifa “O Pediatra”, que recolle a Coordinadora Zas sen recortes en pediatría como proba da conciencia social que está tomando a veciñanza.
Primeiro cantárona nunha sesión interxeracional no Xeriátrico de Vimianzo e posteriormente decidiron gravala, quedando tal que así:
Novas relacionadas
- As baixas de profesionais de Atención Primaria agrava a crise sanitaria na Costa da Morte.
- A Xunta reiteira que a Costa da Morte ten pediatras de sobra.