Luns. 29.04.2024
El tiempo

A residencia artística do Pazo de Mariñán espera á baiesa Carmen V. Valiña

  • A pensadora costeira tenta recuperar a memoria das "tolas" galega
A pensadora baiesa Carmen V Valina ira a residencia artistica do Pazo de Marinan
A pensadora baiesa Carmen V Valina ira a residencia artistica do Pazo de Marinan
A residencia artística do Pazo de Mariñán espera á baiesa Carmen V. Valiña

O Pazo de Mariñán acolle este luns a chegada dos participantes na segunda edición das Residencias Artísticas convocadas pola Deputación da Coruña. Se o ano pasado foron o dúo musical Caamaño&Ameixeiras as que aproveitaron a semana de residencia para o que despois foi o último disco, este ano a presenza costeira vén en clave de pensamento.

A baiesa Carmen Marina Vidal Valiña traballará no Pazo provincial do 15 ao 26 de abril e convivirá, entre o 15 e o 20 deste mes, con rancisco Rodríguez Casal, Esperanza Mariño Davila e Laura Martínez Mateo —seleccionados na categoría de literatura—e con dous dos grupos participantes nas residencias de música, Cantometrics e Su Garrido Pombo.

A residencias inclúen a dotación material necesaria e espazos axeitados no Pazo de Mariñán para o desenvolvemento das propostas; manutención e aloxamento para as e os participantes, e acompañamento e seguimento do proxecto por parte da comisaria e do comisario co fin de facilitar a súa viabilidade.

Recuperar a memoria das "tolas" galega

Carmen V. Valiña contará co asesoramento de xentes como a escritora Chus Pato e o poeta e escritor mazaricán Ismael Ramos para desenvolver un proxecto que trata de recuperar a memoria das "tolas" galegas: o manicomio de Conxo a través das pegadas das súas internas (pensamento). A partir do estudo das historias clínicas de mulleres no manicomio de Conxo, proponse a recuperación da memoria das "tolas galegas". O xurado valorou “a recuperación da memoria dun sector de mulleres excluídas, precisamente cando nos motivos da súa exclusión se deron nesgos de xénero tan incardinados nun momento histórico. A proposta é de moito interese e atópase en liña coa traxectoria da autora”.

Novas sobre Carme V. Valiña

Comentarios